Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 24 de marzo

Luns 24

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo Fórum Tribuna Galicia no que participa como ponente a ministra de Fomento, Ana Pastor.

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, 'Strange case of Dr. Jekyll and Mr. Hyde' (teatro en inglés) dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a estrea de 'A Mamma' de Teatro do Noroeste. Estará acompañado da protagonista da obra, Luma Gómez; o director, Eduardo Alonso; e o autor do texto, Lino Braxe.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, para presentar o concurso Kid’s Master Chef.

18.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, asisten á apertura do parque infantil da praza de Vigo.

Compartir: