Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de marzo

10.00 h
Na Facultade de Económicas e Empresariais, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración do I Encontro Internacional da Mocidade Emprendedora.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e membros da corporación asisten á inauguración da exposición Auga Doce.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

21.00 h
No Teatro Principal, Quico Cadaval & Narf presentan 'Obrigado!' dentro do Festival de Narración Atlántica e enmarcado no ciclo Falabaratos.

Compartir: