Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 18 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar as actividades "Ler, contar e gozar coas Letras 2014 nos centros socioculturais". Na rolda tamén estará Henrique Alvarellos, da Editorial Alvarellos, que colabora nunha das actividades.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Centro de Innovación Cultural do Gaiás, a concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, asiste á gala de entrega da IV edición dos Premios Mágnum do Viño Galego.

19.00 h
No Museo das Peregrinación (praza das Praterías), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "Compostela 1780-1907 una aproximación a la ciudad decimonónica".

Compartir: