Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de marzo

10.00 h
No salón de plenos da Casa do Concello de Teo, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á celebración dos debates entre os oito equipos que compiten por pasar á final galega do Club de Debate.

11.00 h
No recinto do Hospital Psiquiátrico de Conxo, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitan o campo de fútbol de Conxo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, a tenente de alcalde Amelia González entrega os premios e inaugura a exposición Oitavo premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Estarán tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia e os membros do xurado así como os artistas seleccionados para amosar a súa obra nesta mostra entre os que están os premiados desta edición.

20.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

Compartir: