Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de febreiro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal para o ano 2014.

10.45 h
En Guadalupe, o concelleiro de Barrios e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visita as obras que se levaron a cabo na rúa Chan de Curros. Punto de encontro: explanada de entrada da rúa Camiño dos Vilares.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, sobre o cadro de conexións internacionais de Lavacolla para a temporada de verán.

20.30 h
Na Zona C, 'Barbazul, unha sabotaxe amorosa', dirixida por Marta Pazos, dentro do programa Teatro&Danza. Con Mónica de Nut e Borja Fernández.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Pablo Seoane Trío que presentan o seu novo disco 'Inópia' dentro do ciclo Sons'14 Jazz.

21.30h
No Auditorio Novagalicia Banco, concerto de Standstill co espectáculo Cénit no que presentan o seu novo traballo 'Dentro de la luz'. Dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: