Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de febreiro

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participan no acto de entrega dos Premios de Calidade ao Concello de Santiago (EQA),. A continuación, entrega de diplomas aos alumnos do Urbana Norte.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 27 de xaneiro de 2014 (núm. 1/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 2014 (núm. 2/14).
3. Aprobación provisional da modificación puntual do catálogo do PXOM de Santiago de Compostela: corrección de erros na ficha D-070 (conxunto en Casal da Horta), creación da ficha D-070 bis (Pazo de Lermo) e incorporación ao catálogo dun elemento de interese etnográfico coa referencia F-134 (Pombal).
4. Proposición do grupo municipal socialista relativa á reposición de árbores que substitúan aos que foron talados.
5. Proposición do grupo municipal socialista relativa á retirada do anteproxecto da Lei do aborto.
6. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á convocatoria dun pleno extraordinario e urxente para tratar o maior escándalo institucional desta cidade destapado pola operación Pokemón.
7. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Maximiliano Martín, clarinetista.

20.30 h
Na Zona C, 'Barbazul, unha sabotaxe amorosa', dirixida por Marta Pazos, dentro do programa Teatro&Danza. Con Mónica de Nut e Borja Fernández.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do programa de abono. Dirixida por Clemens Schuldt e con Maximiliano Martín, clarinete. Interpretan obras de Ligeti, Weber, Mendelssohn e Mozart.

Compartir: