Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 24 de febreiro

10.30 e 12.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), os Monicreques de Kukas presentan 'Contos do vento acatarrado', co que celebran o seu 35 aniversario. Dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de homenaxe a Rosalía Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta. Punto de encontro Porta Faxeira, a continuación, ofrenda floral na Alameda ante a estatua de Rosalía de Castro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou e Juan Paz, Brand Manager de 1906, para presentar a programación en Santiago do VII Ciclo de Jazz 1906. Na rolda estarán tamén Carlos López, director artístico do ciclo, e Roberto Somoza, artista que participará no mesmo.

12.30 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe un grupo de expertos europeos participantes na visita de estudos "Aprendizaxe permanente", da Escola Oficial de Idiomas.

Compartir: