Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de febreiro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum no que participa como ponente o delegado do Goberno, Samuel Juárez.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico 'Pedro e o lobo' coa Real Filharmonía de Galicia e Títeres Per Poc, dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a reunión do padroado do Refuxio de Animais.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

17.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de presentación do selo dedicado ao VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, que estará presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

20.30 h
Na Zona C, 'Barbazul, unha sabotaxe amorosa', dirixida por Marta Pazos, dentro do programa Teatro&Danza. Con Mónica de Nut e Borja Fernández.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, 'El gran día de la madre', unha comedia de Chascas & Quintanilla. Con Rosario Pardo, Marta Megías e Carmen Gutiérrez. Dirixida por Julián Quintanilla e enmarcada no ciclo Teatro&Danza.

Compartir: