Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de febreiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico 'Pedro e o lobo' coa Real Filharmonía de Galicia e Títeres Per Poc, dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo en funcións, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio (Polígono da Costa Vella), a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á clausura dos programas formativos de creación e consolidación de empresas e autoemprego Emprende en Positivo.

12.00 h
Na Casa do Cabildo (praza das Praterías), presentación da exposición de fotografías Santiago de Compostela en branco e negro. Asisten María Antón, xerente do Consorcio de Santiago; José Luis Teófilo, director de Teófilo Comunicación; e o autor das imaxes, o fotógrafo Alberte Peiteavel.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polos concelleiros Luis Meijide e José Rosende, recibe a Asociación de Veciños Nova Xeira, de Figueiras.

20.30 h
Na Zona C, 'Barbazul, unha sabotaxe amorosa', dirixida por Marta Pazos, dentro do programa Teatro&Danza. Con Mónica de Nut e Borja Fernández.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de David Kadouch dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Boney Fields e Bakin Blues Band dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: