Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de febreiro

11.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de presentación da APP CAMIÑO DE SANTIAGO, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'Galizien Amerika Linie' de Xacarandaina que poderemos ver este domingo no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Teatro&Danza. Na rolda estará tamén Henrique Peón, director e coreógrafo do espectáculo e algúns dos participantes no mesmo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa Imos de Excursión 2014.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafa Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

16.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnense co presidente da compañía GLOBAL YOUTH BUREAU, unha das compañías máis innovadoras de cara á touroperación xaponesa.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Carlos Villanueva.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do programa de Abono. Dirixida por Paul Daniel e con Carolin Widmann, violín.
21.00 h
No Teatro Principal, Culturactiva presenta 'Sede de mal' de Carlos Santiago, Luis Iglesia e Xavier Deive, dentro do ciclo Teatro&Danza.

22.00 h
Na Sala Sónar, primeiro dos concertos do I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis.

Compartir: