Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 12 de febreiro

A partir das 10.00 h (hora española)
En Braga (Portugal), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea xeral do Eixo Atlántico.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, 'Vaia Banda!', concerto coa Banda Municipal de Música e Odaiko Percussion Group, dentro do Programa Didáctico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e os actores Xabier Deive e Luís Iglesia para presentar 'Sede de mal', obra que protagonizan e que se poderá ver este xoves e venres no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Nashville Pussy dentro do ciclo Compostela Rock. Presentan o seu novo disco 'Up the dosage'.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de CoraSons dentro do ciclo Sons'14. Nel participarán, entre outros, Uxía, Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Budiño, João Afonso ou Magín Blanco.

Compartir: