Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 7 de outubro

10.00 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao Debate sobre o estado da Autonomía.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar para este trimestre.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na sede de El Correo Gallego (Preguntoiro, 29), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na presentación da XXXVII Carreira Pedestre.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións (praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presenta a reedición do libro de San Francisco de Asís (Siglo XIII), de Emilia Pardo Bazán, coeditado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Peter Broderick (Calton, Oregón, pop-folk) dentro de Curtocircuíto Concerto e Compostela Rock.

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Varias horas. Programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: