Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 5 de outubro

10.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na XIII Camiñada O Pedroso, camiñada solidaria a beneficio de UNICEF, que se inicia na Praza do Obradoiro percorre os parques de Galeras, Finca Simeón, Auditorio de Galicia, Vite e chega a Ponte Mantible, pasando por Monte de Deus, o Romaño e remantando na Granxa do Xesto.

10.00 h
Con saída e chegada á Alameda, I Carreira de obstáculos pola saúde. Asiste a concelleira de Deportes, María Corral.

12.00 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago, comezan os obradoiros didácticos para que os nenos de 6 a 12 anos coñezan mellor a cidade e a súa historia

12.00 h
No Teatro Principal, a Banda Municipal de Música arrinca a súa tempada 14/15 de concertos. Presentarán unha serie de novidades e sorpresas que se amosarán nese momento e afectan á nova imaxe corporativa e musical da BMSC. Asiste a concelleira de Cultura, María Antón.

18.00 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

18.30 h
No Estadio de San Lázaro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao partido da SD Compostela.

20.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Lytos e Zoar Electric dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

XIX Festival Internacional de Títeres, Galicreques
13.30h Na Praza Roxa, Títeres Barrilete presentan 'Mi amor es un colador'.
18.00h Na Zona C, 'El Investagotopo' con Chachakun.
12.30h Na Fundación SGAE, Teatro La Estrella presenta 'Los músicos de Bremen'.
18.30h Na Praza do Toural, Panta Rhei presenta 'Astokillo'.
20.30h No Teatro Principal, títeres para adultos con Nola Rae que presenta 'Mozart preposteroso'.

Compartir: