Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de outubro

12.00 h
No paseo central da Alameda, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de presentación do programa de Educación Viaria "Mobililidade Senior, o Camiño de Todos", dirixida a un dos grupos máis vulnerables respecto dos accidentes de tráfico como son as persoas maiores. Está coorganizado polo Concello de Santiago e a Fundación Real Automóvil Club de España (RACE). No acto tamén estarán a concelleira de Educación, María Corral; o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete; o director de Seguridade Vial da Fundación RACE, Tomás Santa Cecilia; e o director de Comunicación e Responsable de Seguridade Vial de Liberty Seguros, Jesús Ángel González.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza das Praterías, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a exposición "Gold, green and black" (Ouro, verde e negro). Asisten María Antón, concelleira de Cultura de Santiago, e Alberte Peiteavel, Adolfo Enríquez, Tono Arias e Uqui Permui, fotógrafos autores das imaxes.

Compartir: