Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 26 de outubro

10.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na XXXVII Carreira Pedestre Popular organizada polo Grupo Correo Gallego. Saída de Xoán XXIII. Ao remate, fai entrega dos premios xunto coa concelleira de Deportes, María Corral.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

12.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto da Orquestra do Espazo de Cámara da USC. Baixo o nome de 'Experimenta coa música' e dirixida por Mario Diz, enmárcase dentro de AdesTempo, o programa didáctico das Xornadas de Música Contemporánea.

20.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Alejandro Vargas que presenta 'AMa AZa LaNdo, paisaxes sonoras', dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: