Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 5 de xaneiro

12.00 h
No Teatro Principal, Concerto Infantil de Reis da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis. Música de filmes como Harry Potter, Mary Poppins ou O Mago de Oz.

13.00 h
En Boisaca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á ofrenda floral a Ramón María del Valle Inclán con motivo do 78 aniversario do seu pasamento.

CABALGATA DE REIS
17.35 h
Chegada en tren dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polo carteiro real e pola Banda de Cornetas e Tambores de Santiago
18.00 h
Inicio da Cabalgata, co seguinte percorrido: Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar, Xelmírez, praza das Praterías e praza do Obradoiro.
19.30 h
Chegada á Praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde e a Corporación municipal.

22.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Reis da Real da Filharmonía de Galicia, dirixida por Diego García Rodríguez e coa narración de Xosé Esperante. Obras de Debussy, Milhaud e Satie (textos intercalados de Satie).

Compartir: