Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 31 de xaneiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, 'The telephone', ópera de Menotti, en inglés, dentro do Programa didáctico. Dirixidos por Diego García Rodríguez.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o calendario de probas de atletismo 2014.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No salón de actos do Hospital provincial de Conxo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do X Congreso de Invescot (Asociación Española de Investigación e Cirurxía ortopédica e traumatolóxica).

12.30 h
No Pazo de Congresos Mar de Vigo, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asiste á entrega de premios finalistas Eganet 2013, premios anuais concedidos polas empresas galegas dedicadas a internet e novas tecnoloxías. Santiago é finalista nesta edición, entre as 105 candidaturas presentadas, co proxecto da páxina web do Castelo da Rocha na categoría de comunicación dixital. Ao longo da gala coñeceranse os gañadores nas 5 categorías a concurso.

21.00 h
No Teatro Principal, Abrapalabra Creacións Escénicas presenta 'As do peixe' de Cándido Pazó dentro do programa Teatro&Danza. Dirixida por Cristina Domínguez e con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Víctor Aneiros & Julie Guravich que presnetan o seu novo disco 'Back from the blues' dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: