Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Blues Nite. Na rolda estará tamén Víctor Aneiros, que protagoniza o primeiro concerto do ciclo neste ano 2014.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe á Xunta de Confrarías. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na sede da Concellería de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa presidenta da Asociación de Executivas de Galicia, Carla Reyes.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes.

19.00 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares, presentan a segunda edición revisada do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, de Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC.

Compartir: