Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 23 de xaneiro

11.00 h
En Fitur, a xerente de Incolsa, Maruxa Ledo, xunto con técnicos de Turismo, manterán unha reunión coa compañía Islas Afortunadas Air. Ás 15.30 h, reuniranse con técnicos de turismo de Dublín.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o VIII open Compos de Esgrima.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar a competición comarcal do Club de Debate 2014. Tamén asisten Eugenia Martín Vicente, concelleira de Normalización Lingüística de Ames; Victoria Quiroga Ramallo, concelleira de Normalización Lingüística de Rois; e Carme Hermida Gulías, concelleira de Normalización Lingüística de Teo.

11.45 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
En San Caetano (estación de servizo), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co presidente do Consello de Administración de Galuresa, Manuel Martínez Antelo, e o director Territorial de GLP de Repsol, César Joral Badas, inauguran o primeiro punto de repostado de AutoGas de Repsol na cidade.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... J. Dahlgreen e P. Velev.

20.30 h
No Teatro Principal, Santi Millán presenta 'Santi Millan Live!' dentro do ciclo Falabaratos.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicida dirixida por Günter Herbig dentro do Programa de Abono.

Compartir: