Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de xaneiro

10.00 e 12.00h
No Teatro Principal, 'A folla máis alta' de Berrobambán dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visita varias instalacións deportivas municipais. Punto de encontro: campo municipal do Sergas (rúa Raimundo García Rodríguez-Borobó, s/n).

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar. Na rolda estará o mago Martín Varela que presenta este sábado no Auditorio de Galicia o seu espectáculo 'Manifesto' dentro deste ciclo.

12.00 h
En Fitur, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, pesenta Área Santiago e o Entroido dos Xenerais da Ulla. Tamén asisten os alcaldes de Padrón, Vedra, Vila de Cruces e unha representación dos Xenerais. Ás 15.30 h, asina un convenio de colaboración coa compañía aérea Turkish Airlines. Unha vez rematado, farán o percorrido polos stands da Feira Internacional de Turismo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

Compartir: