Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 17 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Unha viaxe musical' coa Orquestra do Conservatorio Profesional dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

17.00 h
Na Igrexa conventual de San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á celebración eucarística con motivo da apertura do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

18.00 h
No CSC de Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao inicio do obradoiro de maxia.

20.00 h
No CSC da Rocha, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á inauguración da exposición "Compostela Única", organizada en colaboración co Ateneo de Santiago.

20.30 h
Na Sala Capitol, concerto da orquestra Metamovida para inaugurar o Compostela Rock 2014. Tamén estarán Guerrera, Unicornibot e Cró!

21.00 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta 'Da Vinci tiña razón!' de Roland Topor dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: