Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de xaneiro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnense cos representantes da Federación Galega de Parálise Cerebral.

11.00 h
Na sede de Cáritas Interparroquial (Hospitaliño, 2), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á entrega de diplomas do Programa de Emprego e Inmigración Cáritas Interparroquial Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o Certame santiAUTOR para artistas noveis.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a exposición "Compostela Única" nos Centros Socioculturais. Asisten Manuel López Ribadulla, vicepresidente do Ateneo de Santiago, e Xosé Ramón Pousa, coordinador de actividades do Ateneo.

12.30 h
Na Sala CECOPAL da Policía Municipal, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, preside a reunión coa delegación sueca da Universidad de Umea para falar do operativo especial que se planificou como consecuencia do accidente de tren Alvia o pasado 24 de xullo.

Compartir: