Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 14 de xaneiro

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a reunión da Comisión do 125 aniversario do nacemento de Francisco Asorey.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de Producións Excéntricas para presentar o seu último traballo 'Da Vinci tiña razón!' que se estrea esta semana no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza. Estarán os seis actores da obra e o seu director, Quico Cadaval.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a web Área Santiago. Asisten alcaldes e concelleiros dos concellos representados.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe unha delegación da cidade norueguesa de Trondheim.

17.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á I Convención do Banco Sabadell en Santiago.

Compartir: