Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de setembro

11.00 h
Na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa Compostela CineClassics 2013.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.15 h
No Pazo de Bendaña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a colocación da bandeirola conmemorativa do XX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Asiste tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Aeroporto de Lavacolla, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á segunda reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia.

17.00 h
Na Facultade de Xeografía e Historia, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, dá a benvida aos estudantes estranxeiros que se incorporan este curso á USC. O Departamento de Xuventude instalará un stand no que informará aos estudantes sobre o programa de intercambio lingüístico "Busco parella…lingüística".

VERÁN NA RÚA
19.30 h
No Parque da Alameda, Circo Chosco: Chosco. Acrobacias e malabares. Galicia/Euskadi. A partir de 3 anos (En caso de mal tempo, no Teatro Principal).

Compartir: