Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar unha nova edición da Andaina solidaria.

11.15 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
En Nemenzo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a remodelación do campo da festa (a carón da igrexa).

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 18 de xullo de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 25 de xullo de 2013.
3. Aprobación definitiva da modificación da ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.
4. Aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do plan especial de reforma interior de Vieiro no ámbito da unidade de execución número 1.
5. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do plan parcial do SUNP-31. San Marcos.
6. Adhesión do Concello ao código de boas prácticas para a instalación de infraestruturas de telefonía móbil.
7. Aprobación inicial de expediente de modificación de créditos mediante crédito extraordinario e suplemento de crédito do orzamento do ano 2013: 2013-CREXT-54 e 2013-SUPLE-55.
8. Resolución de alegacións e aprobación da conta xeral 2012.
9. Proposición do grupo municipal do BNG relativa a mellorar a seguridade no trazado ferroviario.
10. Proposición do grupo municipal do BNG para o cumprimento da normativa na prevención e loita contra incendios forestais.
11. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á revisión do Plan de Axuste 2012-2022.
12. Dar conta de resolución da Alcaldía relativa a axustes contables do orzamento de 2013 ás operacións realizadas durante a prórroga orzamentaria.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

17.30 h
Visita guiada de portas abertas ás ruínas do Castelo Rocha Forte pola arqueóloga María José Bóveda, dentro da IX Semana Cultural da Rocha.

20.30 h
No Teatro principal, Gala Lírica con solistas de ópera do centro Galina Vishnevskaya dentro do III Festival peregrinos Musicais.

21.00 h
Na Zona C, concerto de Bigott dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: