Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a IX Semana Cultural da Rocha.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar Sons Tránsitos, festival que se celebra en Santiago do 10 ao 12 de outubro. Na rolda estará tamén Maruchy Suárez, directora do festival.

18.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa en funcións, Amelia González, asiste ao acto público de acuñamento da moeda de Adro Vello, organizado pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

19.30 h
A concelleira de Educación, María Castelao, asiste á inauguración do curso 2013-2014 da Escola Municipal de Música ( rúa Proxecto Vagalume, 2 - A Almáciga).

Compartir: