Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 14 de setembro

14:00 h
Na avenida de Xoán Carlos I, saída da segunda etapa da XII Volta Ciclista a Galicia. A chegada, no mesmo punto, está prevista para as 17:45 h, aproximadamente.

19.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta), o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á primeira das representacións en Santiago do ciclo FEGATEA Móvete. O grupo Rueiro (Vigo) representa A miña muller e o fontaneiro.

19.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Gala Solidaria a favor de ELA España.

XXVIII SEMANA CULTURAL DE CONXO
De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h
Mercado de Troco na praza Aurelio Aguirre.
11.00 h
A horta do Psiquiátrico. Percordido guiado por un biólogo para coñecer o espazo natural do Psiquiátrico de Conxo. Inscrición previa.
12.30 h
Malabares e diversión con Yuma na praza Aurelio Aguirre.
17.30 h
Baile na praza coa Orquestra Caché.
18.00 h
Tarde de xogos populares na praza Aurelio Aguirre.
20.30 h
O tren do Gospel. Coro Vocalisse. Música espiritual na capela do cristo de Conxo.

Compartir: