Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de agosto

12.00 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, Reyes Leis, para presentar o novo traballo discográfico da Real Filharmonía de Galicia, que inclúe tres obras do compositor Antón García Abril. Tamén asisten a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; o director técnico da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch; e o compositor Antón García Abril.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, sobre as obras na rúa de San Pedro.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave coa concertino Adriana Winkler, dentro do LVI Curso Universitario Internacional de Música Española.

VERÁN NA RÚA
18:30 h (Alameda), 19.00 h (Praza do Toural), 19.30 h (Praza de Cervantes) e 20.00 h Praza de San Martiño Pinario, FANTOCHES BAJ, Velocíclopes. Galicia. Clown.

Compartir: