Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 8 de xullo

Luns 8

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside a reunión de Área Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, sobre a reunión do grupo Área Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar 'Vacuo', unha reflexión sobre o baleiro da existencia, da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, acompañado de Mimi González, directora xeral e artística da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica e Maruxa Salas, da compañía galega SóLODOS, directora e coreógrafa de 'Vacuo'.

19.30 h
No Paraninfo da Universidade, Vittorio Ghielmi viola de gamba, 'as voces humanas, as voces dos anxos', no Festival Via Stellae.

20.00 h
Na Casa da Parra, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "NamGoong Moon. Un artista coreano no Camiño de Santiago".

21.00 h
Na Praza de San Martiño Pinario, a Compañía Nacional de Danza de Costa Rica ofrecerá un anticipo en forma de breve intervención na rúa antes da presentación en Santiago do seu espectáculo Vacuo no Teatro Principal o martes 9 xullo, no Festival Via Stellae.

21.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o trío formado por Humberto Armas á viola, Thomas Piel ao violoncello e Javier Otero Neira ao piano interpretarán a Sonata núm. 1, op. 38 de Brahms no Festival Via Stellae

Compartir: