Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 24 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.15 h
Na rúa Rosalía de Castro, 51, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fan entrega aos comercios participantes no "Sensacion-all Compostela’13. O teu comercio está de moda" dos seus packs promocionais, consistentes nunha foto final, nun video-slideshow promocional en alta calidade para anuncios en TV, noutro para as redes sociais e webs, etc. A entrega comezará polo establecemento Xanela da Danza (Rosalía de Castro, 51), para seguir logo co resto de comercios.

13.30 h
Na praza Roxa, o alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polos concelleiros María Pardo e Juan de la Fuente, asiste á presentación da campaña de concienciación social "Separemos ben, reciclaremos mellor", organizado polo Concello en colaboración con Sogama, Ecoembes e Consellería de Medio Ambiente.

23.30 h.
Espectáculo nocturno MULTIMEDIA E PIROTECNIA APÓSTOLO 2013
(Pirotecnia Ricardo Caballer)

FESTAS DO APÓSTOLO 2013

12.00 h. Encontro de XIGANTES E CABEZUDOS
Praza da Quintana
Sesión de pirotecnia entre o Cabildo e o Concello de Santiago
12.30 h. Encontro de XIGANTES E CABEZUDOS
Praza do Toural
13.00 h. Pasarrúas. CHARANGA COMPOSTELA
23.30 h. Espectáculo nocturno MULTIMEDIA E PIROTECNIA APÓSTOLO 2013
(Pirotecnia Ricardo Caballer)
Praza do Obradoiro
00.00 h. Concerto ROCKINTANA
LA BANDA DEL CAMIÓN
RIFF RAFF (TRIBUTO A ACDC)
Praza da Quintana
00.00 h.ORQUESTRAS NA ALAMEDA
Orquestra TRÉBOL

Compartir: