Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 23 de xullo

10.00 h
Saída dende o Centro Xuvenil do Ensanche dos participantes na xornada multiaventura en Carcacía. Acompáñaos a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez.

10.15 h
No Local Sociocultural de Nemenzo, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita as "Mañás de xogo" do programa Vive o Verán con motivo da participación nas mesmas de efectivos de Bombeiros, Policía Local e Protección Civil.

11.00 h
En Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro.

11.45 h
Na casa do concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar ''Verán na rúa", a programación de cultura para o mes de agosto.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, sobre as medidas de seguridade e recomendacións para as Festas do Apóstolo.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o Día do Traxe. Asiste a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Cristina Mosquera, e o representante da firma colaboradora José Antonio Blanco, de El Corte Inglés.

FESTAS DO APÓSTOLO 2013
12.00 h. Obradoiros do II CERTAME FOLCConfección de instrumentos tradicionais variados. Reciclaxe, creación e confección de xoguetes tradicionais. Prácticas de xogos tradicionais. Praza da Quintana
18.00 h. Teatro de Rúa. TANXARINA títeres: "Narigudos"Rúa Nova
19.30 h. Teatro Infantil. BAOBAB: "Fíos"Salón Teatro (entrada libre)
21.00 h. II CERTAME FOLC
TANTO NOS TÉN
OS D´ABAIXO
BERROGÜETO
Praza da Quintana
Amenización durante todo o día no entorno da Praza da Quintana a cargo do grupo de música popular O RECOBÍO DE VAAMONDE

Compartir: