Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de xullo

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo de Fórum Europa no que participa como ponente o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, María Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto académico de investidura de Don Antonio Bonet Correa como doutor honoris causa.

20.30 h
No claustro de San Xoán do Hostal dos Reis Católicos, Natalia Ensemble interpretará a sinfonía núm. 4 de Mahler na que o compositor intentou dar a súa visión da vida trala morte e o Preludio á sesta dun fauno de Debussy inspirado nun poema de Mallarmé, dentro do festival Via Stellae.

Compartir: