Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de xullo

Mércores 10

9.30 h
No auditorio de Novagalicia Banco, a concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugura o primeiro Foro Santiago Investors Support. Ás 18.00 h, entrega os premios Emprende Santiago. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.

10.15 h
No Centro Xuvenil Don Bosco (Belvís), a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visita os rapaces que están a participar nas actividades de conciliación.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese con responsables de Gas Natural Fenosa para tratar asuntos de carácter municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o coronel xefe do Aeródromo militar de Santiago, Isaías Alejandro García Poncio.

19.30 h
No CSC das Fontiñas, os concelleiros Luis Meijide e María Pardo reúnense cos veciños da rúa Raxeira.

20.30 h
No Salón Teatro, Vespres d'Arnadí, grupo barroco de primeiro nivel europeo tráenos da man á soprano coreana Sunhae Im, unha das máis famosas e solicitadas sopranos para o repertorio belcantista 'Haendel, heroinas de ópera' no Via Stellae.

Compartir: