Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 8 de xuño

10.00 h
En Córdoba (Alcázar Vello-Salón do Mosaico), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

10.00 h
No Colexio La Salle, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao acto de inauguración da Xornada de Familias con persoas con discapacidade intelectual "Reivindicacions e inquietudes, os novos retos de futuro", organizada por FADEMGA.

11.00 h
Dende a Casa das Asociacións de Cornes, saída da nova ruta do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, co título "Parroquias IV: Bando, Sabugueira e O Carballal".

11.30 h
A concelleira de Educación, María Castelao, asiste á Xornada de portas abertas da Escola Municipal de Música. Todos os pais e nais interesados en iniciar aos seus pequenos na educación musical poden asistir á escola para coñecer as instalacións, o profesorado, participar nunha primeira actividade, etc. Haberá algunha pequena actuación musical para que visualicen como se traballa.

19.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, a Escola de Teatro José Saramago representa a obra Nin fé, nin café. Xurxo Barcala dirixe esta montaxe, protagonizada por Concha Regueiro, Lourdes Santos, Flora Botana, Ángel Ramírez, Asunción Mariñas, María José Casal, Manuel Vázquez e Teo Vega.

19.15 h
No multiúsos Fontes do Sar, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao X Día Autonómico do Minibásquet.

19.45 h
No Pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á II Gala de Ximasia rítmica organizada polo CD Ximnasia Rítmica Compostela.

20.00 h
No Salón Teatro, estrea da obra de teatro "Vodas de sangue", que representa o grupo de teatro da Fundación Down Compostela.

21.00 h
Na Zona C, Improfighter! Semifinal 2, primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo en Teatro e Danza.

Compartir: