Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Gala de Clausura do Club Gimnasia Rítmica Compostela. Na rolda tamén estará María Cañabate, entrenadora do Club.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinan tres convenios de colaboración para o financiamento da rehabilitación da Casa de Brandía para centro sociocultural en Vidán; para financiar o programa de actividades durante o ano 2013 do Auditorio; e para o sostemento do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche durante o ano 2013.
NOTA: a sinatura realizarase no Salón Verde (SÓ GRÁFICOS) e as declaracións aos medios no Salón Vermello.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

21.00 h
Na Zona C, Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk, en Verán na Rúa.

Varias horas
No Teatro Principal, proxeccións do I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago.

Compartir: