Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de xuño

10.00 h
No edificio Cersia, apertura das presentacións de empresas candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago. Asisten a concelleira de Economía, Reyes Leis; o presidente de AJE A Coruña, Oscar Valcuende; o director IFFE, José Luis Cabarcos; o presidente de Espina Obras Hidráulicas e padriño desta edición, Antonio González de Espina; e a coordinadora de AJE Santiago, Carmen José López. A continuación, e ata as 12.00 horas, desenvolveranse as presentacións das empresas candidatas nun acto aberto ao público.

10.00 h
No Centro Xuvenil Don Bosco, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste á primeira xornada do curso de monitor de tempo libre que organiza a Concellería e visita a actividade "As mañás no Bosco", organizadas polo centro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para facer unha análise dos datos turísticos ata maio e unha previsión da temporada de verán.

11.30 h
Na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; do director titular da Real Filarmonhía de Galicia, Paul Daniel; da xerente do Consorcio de Santiago de Compostela, María Antón Vilasánchez; de Oriol Roch Izard, director técnico da Real Filharmonía de Galicia e do director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o Programa de Abono do Auditorio de Galicia, temporada 2013/2014. Durante a presentación actuarán dous grupos de cámara da RFG.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Rosario Valledor, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
Xunta Xeral extraordinaria de Incolsa.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 30 de maio de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 11 de xuño de 2013.
3. Declaración de utilidade pública da construción da sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple para os efectos de bonificación no ICIO.
4. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal que afecta aos capítulos IV e V da normativa urbanística, así como aos artigos 125.6 e 126.7.
5. Proposición do BNG relativa a dar impulso e modernización ao ferrocarril.
6. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
7. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, relativas a delegación de competencias en materia de responsabilidade patrimonial e para petición, tramitación e aceptación de subvencións.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.15 a 22.00 h
No salón de actos do Museo do Pobo Galego, grupo de traballo participativo "Mellora das prácticas comerciais", dentro do programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade", organizado pola Concellería de Comercio.

20.00 h
Na sala Campus Stellae (rúa Fonte de Santo Antonio- esquina Concepción Arenal), inauguración da exposición do escultor Francés.

20.30 h
Na Zona C, performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera, en Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presentan 'Románticos' un espectáculo para gozar en parella como óptimo preludio dunha noite romántica! , en Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Little Mike & The Tornadoes (USA), en colaboración con Blues Galicia e Idea Rock, impecable son de blues, seguindo o estilo das grandes bandas de Chicago dos anos 50, no Blues Nite.

Compartir: