Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 25 de xuño

11.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Turismo e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Reyes Leis e Luis Bello, reúnense para tratar temas relativos á Film Commission. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na sede da FEMP en Madrid, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, e concelleiros de Vila de Cruces, Teo e Vedra reúnense co director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, para falar sobre o proxecto Área Santiago. Declaracións ao remate.

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago da Cidade de Ávila.

20.15 a 22.00 h
No Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, grupo de traballo participativo "Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidade de negocio", dentro do programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade", organizado pola Concellería de Comercio.

21.00 h
No Colexio de San Xerome, as concelleiras Rebeca Domínguez e Reyes Leis asisten á Xunta Xeral da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais.

Compartir: