Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 18 de xuño

10.15 h
No CEIP López Ferreiro, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do documental "Shoots from Abyssinia", de Ovidio Fernández, e posterior coloquio co autor.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón de Actos do Colexio Maior San Agostiño (rúa San Agostiño, 2), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, clausura o curso 2012/2013 das Aulas da Terceira Idade, organizadas pola Asociación Cultural de Formación Permanente de Adultos (Ategal).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para dar conta dos asuntos tratados na Comisión Asesora do Casco Histórico, que se celebrará ás 10.30 h na capela de Urbanismo.

16.30 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste aos actos de celebración do 20 aniversario do centro.

18.00 h
Na sede da Fundación Down Compostela (rúa Alejandro Novo González, 1 - Conxo), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á xuntanza do Padroado da devandita fundación.

20.15 a 22.00 h
No CSC da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), grupo de traballo participativo "Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidade de negocio", dentro do programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade", organizado pola Concellería de Comercio.

20.30 h
No Teatro Principal, os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) que forman o Grupo de Cámara ofrecen 'A historia do soldado' de Stravinski como traballo de fin de curso e peche de temporada do ciclo 'Novas Orquestras'.

Compartir: