Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de xuño

12.00 h
Na sede de Incolsa (rúa do Vilar, 63), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, presenta a reforma da oficina de información turística.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o novo director do Aeroporto de Lavacolla, Ricardo López Navarro. Haberá declaracións ao remate do encontro.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Mirar Japón".

20.30 a 22.00 h
No Salón de Actos do Centro Don Bosco, conferencia "Axilización do proceso de obtención de licenzas municipais para a apertura de negocios, dentro do programa San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade".

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'Rosalía, os cantares das musas' baseada na obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, en Teatro e Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, Eilen Jewell é "a raíña do acorde menor", presenta 'Queen of the Minor Key', no Compostela Rock.

Compartir: