Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 8 de maio

9.30 h
No CERSIA (San Lázaro), a concelleira de Educación, María Castelao, reúnese cos directores dos CEIP de Santiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar as actividades da Feira Cabalar, dentro das Festas da Ascensión, xunto con Xacobe Pérez Paz, da Asociación de Cabalos de pura raza galega. Na rolda tamén estarán dous dos domadores con traxe de gala e amosaranse os trofeos, escarapelas e a medalla do gran premio "Dragons de Santiago".

11.30 h
No Albergue de Xoán XXII, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita o curso de cociña xa que, con motivo da celebración do Día de Europa o xoves 9, os alumnos terán unha clase especial: elaborarán platos representativos dos distintos países europeos.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, manterán un encontro e farán declaracións aos medios (12.00 h) con motivo da xuntanza preparatoria dos actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño que se celebrará a continuación no Salón Verde. A esta reunión asistirá o secretario xeral de Politíca Lingüística da Xunta, Valentín García, e estará presidida pola concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez.

12.00 h
No Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar 'BailadELAS, mulleres bolañesas', de Teatro do Antroido con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013. Estará acompañado de Xavier Estévez, director; Roi Vidal Ponte, adaptación do texto e autoría e da interprete Laura Ponte.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o II Trofeo de baile deportivo Cidade de Santiago e o I Trofeo da Ascensión Campionato galego de stand e latino.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na rúa Escultor Camilo Otero, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao aniversario da residencia de maiores Geriatros.

21.00 h
No Auditorio de Galicia a Real Filharmonía de Galicia Con Nicolas Altstaedt, violoncello, no Programa de Abono, interpretarán obras de Sallinen, Strauss e Haydn.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2013

12:00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12:30 h. Comparsa de Cabezudos
21:00 h. Real Filharmonía de Galicia
PAUL DANIEL / director
NICOLAS ALSTAEDT / violoncello
Salinen, Strauss, Haydn
Auditorio de Galicia
15 €
22:00 h. 40 Santiago Pop
Praza da Quintana
Macaco
Rasel & Jadel
Nena Daconte
Rivero & Captain Kidd
Lagarto Amarillo
David POP
Ragdog
23:00 h. Orquestra na Alameda
Los Satélites

Compartir: