Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 4 de maio

9.00 h
Da praza do Obradoiro, saída da Andaina dos 50 quilómetros, organizada polo Club Deportivo Fontiñas en colaboración co Concello de Santiago. Participa o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

10.00 h
Na sala Mozart do Auditorio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á final galega do Club de Debate. Ás 19.30 h, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa na entrega de premios.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, sesión aberta de contos e música para as familias, dentro da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura.

12.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á gala de entrega do II Premio internacional de investigación oncolóxica científica e técnica Ramiro Carregal, acompañado pola concelleira Amelia González.

20.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido entre o Blusens Monbus e o Unicaja.

21.00 h
No Teatro Principal, en Teatro&Danza, 'Villa Puccini', relato nun acto para actriz e soprano con Mª Luisa Merlo e Emilia Onrubia.

Compartir: