Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para p luns 27 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentía García, e o reponsable da empresa Claqueta coqueta, Rubén Riós, para presentar a actividade "Espello deportivo".

11.30 h
Na praza do Toural, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa nos actos que se celebran con motivo do Día Nacional do Celíaco.

12.00 h
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside a sinatura do protocolo de colaboración para a promoción turística conxunta do Grupo Área Santiago. Asisten os alcaldes dos concellos do grupo: A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces. Acuden a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Crespo. A continuación haberá unha degustación de productos dos Concellos aberta aos medios de comunicación.

17.00 h
No Ensanche, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Obras e Medio Ambiente, María Pardo, inaugura o parque do Agro de Ramírez, tralas obras de remodelación.

19.00 h.
No Salón Vermello, recepción á familia Cisneros con motivo da exposición Orinoco en Santiago de Compostela.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra gañadora do XIII Certame de Teatro Intercentros (correspondente aos alumnos de primaria). A concelleira de Educación, María Castelao, fará de entrega dos diplomas aos participantes e aos gañadores. A obra gañadora foi "Non sen o meu teléfono móbil", do grupo A aula do fondo do CEIP Lamas de Abade.

Compartir: