Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de maio

9.15 h
No Colexio San Pelayo-Emma (Virxe da Cerca, 15-16), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asiste ao inicio do programa Conto Viaxeiro.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reciben o responsable da división cultural e asuntos internacionais do goberno da prefectura de Wakayama (Xapón), Takashi Nishida.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, xunto á deputada María del Carmen Acuña, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2013.

12.00 h
No Casino, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao fallo da X edición do Premio Novela Europea.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego de Duathlon.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na sede de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese cos representantes de UGADE (Unión Galega de Epilepsia).

17.10 h
No salón de actos do Colexio Peleteiro, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao acto de entrega dos premios literarios Minerva.

18.30 h
Na Galería Sargadelos, sesión de cinefórum "La estrella alcanzar" e posterior coloquio coa escritora chilena María José Ferrada, dentro da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura.

19.30 h
Na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías), o alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición La Berenguela.

20.00 h
En San Lázaro, reunión de preparación da I BTT Compostela na que estarán presentes o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, o Club Ultreia e Protección Civil.

20.00 h
No salón de graos de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á XXVII edición dos Premios Novoa Santos.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia con Pekka Kuusisto, violín, no Programa de Abono.

Compartir: