Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 14 de maio

10.00 e 11.15 h
Na Zona C, no Programa Didáctico dirixido a escolares, 'Xan Perillán e a maleta máxica' cos Monicreques de Kukas.

10.00 h
No parque de Belvís (zona das hortas), as concelleiras de Medio Ambiente, María Pardo, e de Benestar Social e Educación, María Castelao, participan nunha plantación de árbores frutais xunto co xogador do Blusens Monbus e director executivo da Fundación The Music Tree, Levon Kendall. A Fundación leva a cabo proxectos que promovan o benestar ecolóxico das comunidades nas que se asenta.

10.30 h
Na Cafetería do Centro Comercial Compostela (zona acristalada), presentación do II Circuíto CorreSan 2013. Asistentes:
• Adrián Varela, concelleiro de Deportes do Concello de Santiago de Compostela
• José Manuel Blanco, relacións externas de El Corte Inglés
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo
• Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo
• Pedro Nimo, atleta compostelán subcampión de España de Maratón

11.00 h
No CEIP Pío XII, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, asiste ao simulacro de incendio no colexio no que participan Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e Policía Nacional.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o vídeo promocional do desfile de Imperial Stormtroopers do 25 de maio. Tamén estarán Daniel González, Manuel Ángel Gayoso e Roi de la Fuente, membros da organización.

11.30 h
En Madrid (sede FEMP), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do Comité Executivo de Spain Convention Bureau (SCB)

12.00 h
No Centro Sociocultaral da Trisca, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na entrega de diplomas do curso de prevención do envellecemento pasivo Positiviza-t, organizado polo equipo de dinamización social Urbana Santiago Norte.

12.00 h
No Teatro Principal, no Programa Didáctico dirixido a escolares, 'BailadElas, mulleres bolañesas' de Teatro Antroido con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'Criaturas', de Roberto Vidal Bolaño coa compañía Teatro do Aquí, en Teatro&danza, con motivo da programación especial Día das Letras Galegas. Estará acompañado de Belén Quintáns, produción e distribución, Evaristo Calvo, director (a partir da montaxe inicial de Roberto V. Bolaño) e polos actores Belén Constenla, Vicente de Souza e Marcos Orsi.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

19.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, fan entrega dos premios aos gañadores e finalistas do Certame MúsicaXove’12 e clausuran a exposición de fotografías do concerto final.

20.00 h
No Paraninfo de Universidade, Concerto de Cámara, en 'A Escola na Cidade', con alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da exposición '15 Contos Breves e Extraordinarios. Arte Contemporáneo Fundación María José Jove', iniciativa pioneira en Galicia na que colaboraron 15 artistas galegos de primeira fila con 15 persoas intelectualmente discapacitadas. Asistirá o alcalde de Santiago, Ángel Currás; José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia; Felipa Jove, presidenta da Fundación María José Jove, e Marta García-Fajardo, comisaria da exposición, así como artistas e personalidades da vida social e cultural de Galicia.

Compartir: