Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 24 de abril

9.30 h
No Palacio de Congresos, celebración da II edición de Conecom (Conferencia de Ecommerce de Galicia) 2013, na que colabora o Concello de Santiago.

11.00 h
No Auditorio de Galicia 'O concerto para violoncello de Gulda' coa Real Filharmonía de Galicia con Thomas Piel, dentro do Programa Didáctico dirixido a centros educativos.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes sindicais no Concello.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visita a exposición fotográfica do último Certame Músicaxove.

11.45 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'Snakizados, comedia da fin do mundo', en Teatro&danza, que se representará o venres 26 e o sábado 27 de abril ás 21.00 h no Teatro Principal. Na rolda estarán Anxela G. Abalo, directora, e Gustavo Pernas Cora, interpretación e autoría.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Francisco Noya e María Pardo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na sede de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese con representantes da Fundación Secretariado Xitano.

13.30 h
No Polígono de Costa Vella (rúa República Checa, 40), o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao desfile de presentación da nova colección de Alalá, firma creada por dous deseñadores composteláns: Álex Regueiro e Alfredo Iglesias Otero. Asisten as concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, dentro do V Ciclo de Piano Ángel Brage, actuará Benjamín Grosvenor, recoñecido internacionalmente polas súas electrizantes actuacións, a súa exquisita técnica e o seu xenial estilo.

Compartir: