Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 2 de marzo

A partir das 9.00 h
No Estadio de San Lázaro e no Monte do Gozo, proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo.

11.00 h
Da igrexa do Carme de Abaixo, saída da nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela", nesta ocasión "Polas ribeiras do Sarela".

13.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega de Medallas do Corpo e Galóns de Mérito da Policía Local con motivo do seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Ás 13.00 h, misa na Catedral.

17.30 h
Na Casa das asociacións de Cornes, nova cita co programa Imos ao baile organizado polas Concellarias de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Coa participación do grupo ZELTIA. Entrada de balde.

20.30 h
Na Zona C, Branca Novoneyra presenta 'Escenas Poéticas 1: Aneis', dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Amancio Prada que presenta '3 Libertarios' dentro do ciclo Sons'13.

Compartir: