Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de marzo

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa Tribuna Galicia no que participa como ponente o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, novo concerto didáctico de Son+d2. A fusión chegará a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou ‘TICS’. É un concerto interactivo para nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade no que Jara Ortiz, Xoán Curiel e Alfonso Camarero poñen voz e música en directo.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o I concurso de publicidade comercial en galego.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, recepción con motivo do partido internacional de rugby correspondente ao Campionato de Europa Torneo 6 Nacións B que enfrontará ás seleccións de rugby de España e Portugal o sábado no estadio de San Lázaro.

12.30 h
No Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto "Sons da lubre nas noites de luar", o novo espectáculo de Luar na Lubre, no ciclo Íntimo e Acústico. Na rolda estarán tamén Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña) e Paula Rey (voz), acompañados do resto dos integrantes do grupo Luar na Lubre.

13.30 h
Na Concellería de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese co presidente de Down Compostela, José Martínez.

17.30 h
Na Concellería de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa asociación Camiño das Fontiñas.

Cidades Patrimonio
17.45 h
Chegada ao Concello dos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e sinatura no Libro de Ouro do seu presidente e alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes García.

18.00 h
No Salón Verde, reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa asistencia do alcalde compostelán, Ángel Currás.

20.30 h
Na Zona C, Escenas Poéticas (3) presenta no ciclo Teatro&Danza 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, concerto de presentación de Músicas Contemplativas polos grupos de cámara da Escola de Altos Estudos Musicais que están formados polos alumnos do seu curso avanzado de especialización orquestral. Asisten os alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

21.00 h
Na Sala Capitol, Def con Dos en concerto presentando o seu novo disco "España es idiota" con espíritu crítico, mordaz e irreverente e dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, continúa o Festival de Narración Atlántico / Falabaratos con Quico Cadaval e Jorge Serafim. Jorge Serafim é un narrador portugués con vinte anos de traballo como contador e promotor do libro e da lectura, e Quico Cadaval é pioneiro da narración oral en Galicia e recente Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.

Compartir: