Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de febreiro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o rexedor de Oroso, Manuel Mirás. Haberá declaracións ao remate.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar 'Luminosa Nostalgia' de Shudum Teatro, que estará no Principal os días 8 e 9. Na rolda estarán tamén Gustavo Del Río, director da obra e Denís Gómez, protagonista da mesma.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No local social de Figueiras, o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, reúnese coa Asociación de Veciños de Figueiras para coñecer as súas demandas.

20.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, presentación da novela "El camino mozárabe", de Jesús Sánchez Adalid.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Clemens Schuldt con Ingrid Fiter, piano. .

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Christina Rosenvinge (Madrid) en acústico con Aurora Aroca e Raúl Fernández (Refree) dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Vive o Antroido
17,00h LSC San Lourenzo, "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos
17:30 h CSC Fontiñas, Cociña de Entroido. Elaboración de postres típicos de antroido Nenos/as. Inscrición previa
18,00h CSC A Trisca Máscaras, Obradoiro de máscaras. Nenos e nenas
18:30 Csc Ensanche, Reunion para a revisión dos disfraces da comparsa. Todos os públicos
18.00h Csc Sta Marta "Superheroes" Elaboración do disfrace para a comparsa de Superheroes. Todos os publicos

Compartir: