Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 2 de febreiro

12.00 h
No Centro Sociocultural da Rocha, a concelleira María Pardo asiste á inauguración da IV mostra-exposición da Camelia, organizada pola Asociacion Cultural A Rocha Forte.

12.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico 'Violeta en Compostela', un conto musical coas alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago dentro do programa Infantil&Familiar. Lorenzo de los Santos, piano.

17.30 e 19.00 h
Na Zona C, 'Zapatos' con Caramuxo Teatro. Teatro para bebés dentro da programación Infantil&Familiar.

17.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes comeza o programa Imos ao Baile, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Nesta ocasión ameniza o baile o grupo Solymar. Entrada libre ata completar aforo.

Vive o Antroido
11,00h LSC San Lourenzo, Cociña de Entroido. Encontro entre fogóns. Cociña de Entroidotodos os públicos
17,00h LSC San Lourenzo,"Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos
19,00h Lsc Cancelas, Máscaras. Obradoiro de creación de máscaras. Nenos/as
11.00 Lsc Villestro, "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa.Todos os públicos
17.00 Csc Conxo, Elaboración da "Carroza".Preparamos a carroza para o desfile de Entroido. Todos os públicos

Compartir: