Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de novembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o novo director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, Juan Miguel Romero LLopis. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Gala do Deporte AGAXEDE, que se celebrará o vindeiro venres día 8. Na rolda tamén estará o presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, xunto co profesor da Universidade da Coruña Juan Casto Rivadulla Fernández, para presentar o "Programa Enciende. Ensino das ciencias na didáctica escolar".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, para informar dos prazos do fraccionamento do IBI.

13.00 h
Na sede da Secretaría Xeral de Igualdade (San Lázaro), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. (SÓ GRÁFICOS).

18.30 h
Mo Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe unha representación do Triatlon Arcade Inforhouse.

19.00 h
No CSC da Trisca, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, reúnese coa Asociación de Veciños Amigos de San Pedro.

20.00 h
Na Fundación Caixagalicia (rúa do vilar, 19), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición de acuarelas de Segundo Hevia.

Semana de Agustín Magán Blanco
17.00 a 20.30 h
No CSC de Santa Marta, obradoiros para nenos/as en torno á figura de Agustín Magán e a historia de Ditea.
21.00 h
No CSC de Santa Marta, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de homenaxe a Agustín Magán, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

Compartir: